O Mercado para a Medieval terá lugar esta fin de semana en Monforte

RibeiraSacraXa
Monforte acogerá este fin de semana el Mercado para la Medieval que contará con 16 stands para prepararse para la Feria de abril.
Cartel Mercado Feira Medieval 26 27 03 2022 baixa
26 Mar 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará hoxe sábado 26 de marzo ás 11 horas o “Mercado para a Medieval” na zona dos mercados da Praza de Abastos de Monforte, “un certame co que buscamos potenciar e promover a Feira Medieval, un evento turístico que trae unha gran afluencia de público e visitantes a Monforte durante a fin de semana da Semana Santa”. Este ano 2022, a Feira Medieval alcanza a súa 18ª edición que se celebrará durante a fin de semana do 16 e 17 de abril.

Antes da inauguración oficial, no mesmo espazo da Praza de Abastos, o Alcalde ofrecerá ás 11 horas unha rolda de prensa ós medios de comunicación para presentar o programa oficial de actividades da Feira Medieval.

Mercado para a Feira Medieval 2022.
O Mercado para a Medieval é un preludio da Feira Medieval, polo que a súa temática xira arredor da preparación para dita Feira.

Deste xeito, o Mercado contará coa presencia de 16 stands nos que haberá traxes medievais confeccionados a man para adultos e nenos, complementos para os traxes como bolsos ou cintos, alfarería tradicional de Gundivós, artesanía en coiro, bixutería, cosmética natural, talla en madeira e noutros materiais, barbaría e maquillaxe para lucir acorde ós traxes, decoración de mesas de terraza para hostalería e hotelería así como decoración de mesas medievais de comedor e centros florais elaborados por diferentes floristerías da cidade.

Ademais, os paneis expositivos situados no Mercado propoñerán diferentes estilos decorativos para todo tipo de mesas e espazos: decoración de terrazas con alpacas e madeira, mesas de comedor con diferente formato, decoración con diferentes louzas, etc.

Este ano tamén participarán diversas pastelerías e panaderías de Monforte cunha exposición de doces, pasteis, bizcochos e tartas inspirados no Medievo.

Como en pasadas edicións, celebrarase o concurso “A polo mellor doce...” onde os visitantes poderán avaliar o mellor doce dos expostos durante o Mercado, votación da que resultará elixido un gañador.

O sábado día 26 organizarase o Desfile Medieval, que terá lugar ás 18:30h. con entrada libre ata completar o aforo do recinto.

Previamente, ás 5 da tarde, celebrarase un Obradoiro-Contacontos para os máis pequenos, “O Carballo con Botas” dirixido por Anxo Moure. Esta actividade é gratuíto e admite un máximo de 20 nenos. O mesmo día do Mercado, os interesados poderán anotar ós nenos e nenas no stand de dito obradoiro.

O horario do Mercado para a Medieval 2022 será o sábado día 26 de marzo de 11.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 21.00 horas e o domingo día 27 de marzo de 11.00 horas a 14.00 horas.

0.17313408851624