Monforte acolle ata o vindeiro día 17 o roadshow INCIBE, que capacitará aos veciños en ciberseguridade

RibeiraSacraXa
O roadshow de INCIBE, entidade dependente do Ministerio de Transformación Digital, a través da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, xa se pode visitar na Explanada da Compañía de Monforte.
15 Dec 2023

O roadshow de INCIBE, entidade dependente do Ministerio de Transformación Digital, a través da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial, xa se pode visitar na Explanada da Compañía de Monforte.

Gloria Prada Rodríguez, a tenente de alcalde de Monforte, a experta de Ciberseguridad para Ciudadanía y Menores del Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE), Cristina Gutiérrez Borge, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, inauguraron este camión despregable acompañadas polos concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, e de Deportes, José Manuel Mougán.

O roadshow viaxa por toda España para capacitar en materia de ciberseguridade a toda a cidadanía, que permanecerá hasta o día 17 deste mes de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, con entrada gratuíta e para todos os públicos.

Obxectivos da campaña

A través desta iniciativa, INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital.

Durante 3 anos, a experiencia do roadshow concienciará en ciberseguridade a preto de 300.000 persoas en toda España, para seguir avanzando no reforzo de capacidades e para facer fronte ás ciberamenazas e ó uso malicioso do ciberespazo. Polo que, en colaboración co Concello de Monforte, pecháronse visitas cos diferentes centros educativos da cidade.

O roadshow é un espazo versátil, multifuncional e completamente accesible, que dispón de dúas grandes zonas, unha área interior e unha exterior, con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, para que todos os participantes poidan divertirse á vez que aprenden a navegar de forma segura pola Rede.

En concreto, o espazo interior, capaz de acoller a 30 persoas, contará cunha área de gamificación para xogos en liña; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas. Á súa vez, no espazo exterior, con capacidade para 36 persoas, habilitarase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo  ‘Tu Ayuda en Ciberseguridad’ de INCIBE.

Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.

0.097743988037109