Monforte acolle a actuación de Culturactiva coa súa obra Conexión Pinguín

RibeiraSacraXa
Monforte acolle a actuación de Culturactiva coa súa obra Conexión Pinguín este xoves ás 20,15 horas no Multiusos
obra de teatro monforte
19 Abr 2023

Este xoves 20 de abril ás 20:15 h e no Edificio Multiusos, terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2023 en Monforte de Lemos.

A compañía Culturactiva poñerá en escena a obra Conexión Pinguín, unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos, cun custo de 5 euros para o público xeral, e 3 euros para nenos, estudantes, desempregados e xubilados, entradas que sepoderán adquirir na taquilla do Edificio Multiusos.

Conexión Pinguín

A obra é unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación era era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pinguís no horizonte, mamá non se entera, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPs...

É unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos tódolos días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na super era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, pero nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

Programación do primeiro semestre

A programación do primeiro semestre deste ano 2023, completarase con outras dúas obras que se irán representando nos próximos meses.

O 4 de maio, a compañía Redrum teatro pechará o ciclo de representación para adultos do primeiro semestre do ano, coa obra Un home con lentes de pasta ás 20.15 horas, comedia negra que versa sobre as relacións humanas.

E o 7 de maio unha representación específica para público infantil, titulada O lobo e a lúa a cargo da compañía Baobab Teatro, terá lugar ás 18.00 horas, unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor, pensada para público familiar a partir de 3 anos.

0.17567706108093