Monforte abre o prazo para anotarse en dous novos obradoiros interxeracionais

RibeiraSacraXa
Están dirixidos a a avós e avoas e os seus netos que estean empadronados no Concello de Monforte de Lemos
Clausura-Plan-Activa-Monforte
Clausura do Plan Activa Monforte, 2023
13 Dec 2024

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunica que ven de abrir o prazo de inscrición para dous obradoiros interxeracionais, que son unha novidade dentro do Programa Activa 2024-2025. Trátase do Obradoiro interxeracional AV@S 3.0 e o Obradoiro interxeracional de manualidades de Nadal. Están dirixidos a avós e avoas e os seus netos que estean empadronados no Concello de Monforte de Lemos.

O prazo de inscrición para ambos obradoiros será ata o 20 de decembro de 2024, e poderá formalizarse na Secretaría dos Servicios Sociais do Concello, situada no Centro Cívico do paseo do Malecón. Ambos obradoiros son gratuítos para as persoas participantes.

Obradoiro interxeracional AV@S 3.0

“Este obradoiro”, explica o alcalde, “nace cun dobre obxectivo. Dunha banda, para fortalecer os lazos entre os avós e avoas e os seus netos e netas. E doutra banda, para contribuír á alfabetización dixital das persoas maiores aproveitando os coñecementos dos máis novos”.

Deste xeito, este obradoiro levarase a cabo os días 23 e 26 de decembro de 2024 de 11.00 a 13:00 horas na planta souto do Centro Cívico Social e está dirixido os avós e avoas e os seus netos e netas (de 8 a 16 anos) que sexan veciños e veciñas do Concello de Monforte de Lemos. Ofértanse 8 prazas dobres.

O taller está orientado a dotar aos maiores das competencias necesarias para un desenvolvemento básico nas inmensas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, e aos rapaces e rapazas de 8 a 16 anos na adquisición de hábitos de responsabilidade e implicación en tarefas asumidas como propias así como favorecer relacións interxeracionais.

O funcionamento do móbil, correo electrónico, os buscadores, o tratamento de fotografía, etc., son ferramentas indispensables para relacionarse coa contorna, son instrumentos que manexan diariamente os mozos e mozas, pero han de ser comúns e coñecidos pora todas as xeracións, sinalan desde o Concello.

Deste xeito, o Executivo de José Tomé pon en valor o empoderamento das persoas maiores veciñas do Concello de Monforte, sendo conscientes dos beneficios que acarrea o contacto continuado con xeracións máis novas. Isto supón experimentar moitos beneficios cognitivos, incluíndo entre outros unha redución da perda de memoria, na sintomatoloxía depresiva, nos sentimentos de soidade e illamento e un incremento na satisfacción coa vida tal e como avalan investigación realizadas.

Obradoiro interxeracional de manualidades navideñas

Na mesma liña que no obradoiro anterior, o Concello tamén oferta un Obradoiro interxeracional de manualidades de Nadal que se desenvolverá o día 23 de decembro de 11:00 a 13:00 hoas na segunda planta do Centro cívico social  dirixido tamén a avós e avoas e netos e netas con idades de 6 a 16 anos, que sexan veciños e veciñas do Concello de Monforte. Ofértanse 8 prazas dobres.

Requisitos de inscrición

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán acudir á Secretaría dos Servizos Sociais onde cubrirán o modelo de solicitude achegando o documento de identidade.

Os requisitos que deberán cumprir as persoas participantes serán:

  • Estar empadroados no Concello de Monforte .
  • Que as persoas participantes teñan relación parentesco en 2º grao (avós/netos) e cumprir idade establecida (no caso das persoas menores).
  • No caso de participar no Obradoiro interxeracional Av@s 3.0, dispor de móvil con sistema Android.
0.14014196395874