Monforte abre a exposición do Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais

RibeiraSacraXa
Monforte ven de abrir ó público a exposición dos traballos presentados ó XXVI Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2021.
monforte de lemos fogos artificio
7 Ago 2021

O Concello de Monforte, como ven sendo costume no mes de agosto, ven de abrir ó público, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, a exposición dos traballos presentados ó XXVI Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2021.

A exposición está encabezada polo traballo gañador, que baixo o pseudónimo Alegría, que foi ideado polo deseñador murciano Rubén Alejandro Lucas García. Esta permanecerá aberta ata o 27 de agosto, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, para disfrute de visitantes e monfortinos.

A pesares de que finalmente non se poderán celebrar as Festas Patronais da cidade, por mor da pandemia da covid19, dende o Concello decidiuse fallar igualmente este concurso, que está dotado con 1.000 euros de premio.

En total, ó concurso presentáronse 28 traballos artísticos, a cargo de autores tanto de Galicia como doutras partes de España. O xurado que fallou o concurso, estivo constituído por representantes de diferentes empresas creativas de Monforte, así como persoal funcionario do propio Concello, e presidido pola Concelleira de Cultura.

O cartel que o xurado considerou como gañador, foi escollido polo seu colorido, pola alegría que transmite, así como pola súa orixinalidade. Do mesmo xeito, o xurado tamén tivo en conta que o cartel recolle todos os elementos representativos de Monforte: San Vicente coa Torre da Homenaxe, os Escolapios, a Virxe de Montserrat ou a Praza de España, así coma os característicos fogos artificiais.

cartel festas monforte
0.091434001922607