Miguel Rodríguez Carnota presenta "Lingua, poder e adolescencia"

RibeiraSacraXa
A Fundación Uxío Novoneyra acollerá o vindeiro sábado, ás 12.30 horas, a presentación desta obra do autor coruñés.
CARNOTA_1
9 Xuño 2022

A Fundación Uxío Novoneyra acollerá o sábado, ás 12.30 horas, a presentación desta obra do autor coruñés.

Miguel Rodríguez Carnota (A Coruña, 1959) presentará en Parada do Courel, na Fundación Uxío Novoneyra, o seu  libro: Lingua, Poder e adolescencia (Xerais, 2022). A publicación parte dunha tese doutoral cun título idéntico, a cal pretende ser un "estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do noso país". Deste xeito, cada un dos casos tratados poñerá ao lector "fóra do paradigma oficial do bilingüismo harmónico".

0.1951379776001