Miguel Gallego, novo presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Gallego ten 26 anos e é portavoz do PP no municipio de Samos
congreso-novas-xeracions-pp-lugo
7 sep 2024

Miguel Gallego resultou elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo no congreso que a formación celebrou o venres 6 de setembro e que contou coa participación da presidenta provincial, Elena Candia, a presidenta de Nuevas Generaciones, Beatriz Álvarez Fanjul, e a presidenta de NNXX de Galicia, Nicole Grueira.

Gallego, de 26 anos e portavoz do PP no municipio de Samos, durante a súa intervención tras ser proclamado presidente agradeceu o apoio e comprometeuse a “traballar dende a humildade” da man dun equipo renovado e integrado por mozos e mozas cunha media de idade de 23 anos e procedentes das distintas comarcas, con formación e intereses diversos e “todos eles moi implicados no noso proxecto político” e “concienciados da responsabilidade que supón representar a todos os membros de Novas Xeracións da nosa provincia”.

O presidente electo subliñou a importancia da Novas Xeracións que “reforzan as bases do Partido Popular da provincia” e “achegan o noso proxecto político aos máis novos e novas”. Así mesmo, avanzou distintos obxectivos de traballo: impulsar agrupacións locais, promover a afiliación para incrementar a base do noso proxecto político, colaborar con alcaldes e portavoces na organización de eventos cos que promover o partido entre os mozos e mozas e desenvolver unha estratexia de comunicación coa que difundir as nosas ideas a través das redes sociais; ademais de manter reunións periódicas.

Miguel Gallego subliñou que, “ao tratarse dunha organización xuvenil que representa aos que estamos comezando unha vida, axudarémonos uns aos outros a nivel persoal e profesional” porque “xuntos somos máis fortes”. Nese sentido, “agardamos o apoio de persoas de distintas idades que representan a esencia do Partido Popular”. Elena Candia sinalou que “ao igual que Nicole a nivel autonómico, Miguel foi valente asumindo responsabilidades (ambos encabezaron a candidatura popular nos seus respectivos concellos nas pasadas eleccións municipais). Ambos saben da importancia de ir conseguindo obxectivos que non son outros que construir unha provincia mellor dende a base”.

Así mesmo, agradeceu a participación e gran implicación dos mozos e mozas neste congreso que demostran que “Lugo ten futuro” e animou ao novo equipo que se vén de renovar “a traballar dende a unidade”. A mandataria provincial dixo que “as estruturas xuvenís son necesarias” e, nese sentido, tivo palabras de recoñecemento para o traballo da directiva predecesora e para a aportación de todos os membros de Novas Xeracións.

0.096210956573486