Mergúllate na ruta da Castaña e do Mel de Salcedo, na Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Mergúllate na ruta da Castaña e do Mel de Salcedo, na Pobra do Brollón, un roteiro de 10,3 quilómetros aproximadamente
ruta a pobra do brollon portada
6 Nov 2022

Coa chegada do outono esta ruta de sendeirismo que percorre a parroquia de San Xoán de Salcedo, na Pobra do Brollón, convértese na alternativa perfecta para practicar deporte ó tempo que se desfruta de natureza en estado puro.

A ruta da Castaña e do Mel é un roteiro de 10,3 quilómetros de lonxitude que abrangue dende a aldea de Salcedo ata o souto de Paramedela, bordeando o val do río Lor e do río Loureiro. En Paramedela, pódese visitar ademais un antigo sequeiro restaurado.

Ó longo de todo o camiño, podemos observar tamén unha alvariza, unha construción circular que se empregaba (e emprégase) para protexer as colmeas das abellas de animais como o oso ou o raposo.

O tempo estimado para a realización desta ruta é de 3 horas e 20 minutos. O camiño vainos introducindo pouco a pouco cara a ladeira da montaña na que poderemos observar a beleza das árbores típicas da zona, os carballos e os castiros. Máis adiante, chegaremos de novo á bifurcación inicial deste roteiro e so queda desandar o camiño para acadar o punto inicial onde finalizaremos a ruta.

ruta a pobra do brollon
0.15052485466003