Merche Pérez valora positivamente o obradoiro de teatro que impartiu no Centro de Día da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Merche Pérez valora positivamente o obradoiro de teatro que impartiu no Centro de Día da Pobra do Brollón durante tres meses
teatro maiores A Pobra do Brollon
7 Xul 2023

O obradoiro de teatro impartido pola actriz e bailarina Merche Pérez no Centro de Día da Pobra do Brollón rematou en xuño despois de tres meses potenciando a saúde física, psíquica e cognitiva a través do xogo teatral, a relaxación, a música, a expresión corporal, a voz e a danza.

"Recuperamos así a autoestima, a ilusión, a risa, a imaxinación, a confianza, a convivencia e todo o marabilloso que somos capaces de compartir, vivir, ser e crear," valora Merche Pérez tras finalizar o curso.

Actualmente, Merche Pérez continúa a impartir o obradoiro infantil de teatro en plena preparación da representación escénica para a VIII Feira Guímara que terá lugar o sábado, 8 de xullo.

0.067641973495483