Mercar no comercio de Quiroga e San Clodio ten premio
A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel, veñen de poñer en marcha unha iniciativa para dinamizar o comercio local.
Mercar no comercio de Quiroga e San Clodio entre hoxe luns 24 de outubro e o vindeiro luns 31 ten premio. En concreto 1.000 euros que serán repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio destas vilas.
Así, tódolos clientes de Quiroga e San Clodio que realicen compras no comercio de proximidade entre o 24 e o 31 de outubro, poderán participar no sorteo en directo destes 1.000 euros en premios. O sorteo terá lugar o luns, 31 de outubro, ás 20.30 horas na Praza Maior de San Clodio. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 17.00 horas nesta mesma praza.
A campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro nun total de 11 localidades da provincia.