Membros do PSOE participaron e puxeron en valor a Festa da Empanada de Chantada
O secretario xeral do PSdeG na provincia e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu á tradicional Festa da Empanada de Chantada, unha das celebracións gastronómicas máis emblemáticas da comarca e un encontro clave para destacar a importancia do patrimonio cultural e culinario da provincia.
Participou na cita xunto ao voceiro socialista de Chantada, Mariano López, os deputados provinciais Pablo Rivera e Pilar García Porto, alcaldes e voceiros da comarca, así como membros da agrupación socialista chantadina.
Tomé Roca destacou a importancia de participar en eventos tan significativos para o tecido social e cultural da zona coma este. "A Festa da Empanada non só é un escaparate das nosas tradicións, senón tamén un símbolo da nosa identidade e do noso compromiso co rural e coa posta en valor dos produtos locais", declarou.
Desde o PSdeG-PSOE de Lugo destacan a importancia deste tipo de eventos como espazos de encontro e celebración da nosa cultura popular, onde a política debe estar presente para apoiar e fortalecer o noso patrimonio cultural e gastronómico.