Mellorarase a iluminación dos pasos de peóns de Monforte coa instalación de farois
O Goberno local de Monforte informou de que a cidade contará con iluminación en farois e catadióptricos que afectará aos pasos de cebra do casco urbano para "que sexan máis visibles e estean mellor sinalizados”, indicou o rexedor municipal.
O rexedor explicou que “a seguridade vial é un aspecto fundamental e por iso decidín incluír dentro do proxecto de mellora da iluminación pública global deste Concello un apartado que ten que ver coa seguridade, precisamente co tráfico”.
Esta preocupación pola seguridade viaria tradúcese ademais en que dende o Concello procédese ao pintando todas as sinais viarias das rúas en anos alternos, e os pasos de cebra todos os anos. Para lograr este obxectivo, o rexedor monfortino anunciou o inicio dos traballos de mellora da iluminación dos pasos de peóns que non teñen regulación por semáforos.
“Para levar a cabo esta mellora, procedemos á colocación de farois fronte aos pasos de cebra, para que se vexan mellor os peóns e tamén se sinalizarán luminicamente os pasos de peóns, co obxectivo de que os condutores teñan unha maior visualización, tanto dos propios pasos de peóns como da xente que os cruza”, subliña o alcalde. Nalgún casos, alguns farois xa están colocados e acenderanse proximamente.
Lugares onde se instalarán os farois
En concreto, o Equipo de Goberno vai colocar 42 farois novos en 32 pasos de peóns, nos que a Policía Local determinou que son os máis transitados da cidade: rúa Morín, Rúa Coruña, rúa Dr Casares, rúa Calvo Sotelo, rúa San Pedro, Circunvalación, rúa Corredoira, Hospital, rúa Chantada, Malecón, Ponte Nova, rúa Ourense, Instituto A Pinguela, Rúa Conde, Paseo Lugo, rúa Benito Vicetto, rúa Roberto Baamonde, rúa Reboredo, rúa Carude, rúa Hortas.
O rexedor monfortino explica que “onde resulte necesario colocaranse dous farois, salvo en lugares onde xa haxa unha nun dos laterais do paso de cebra ou nas proximidades, e cando coincida con algunha entrada de edificios ou calquera outro obstáculo, colocarase un farol soamente”.