Medio Rural impulsa un proxecto para recuperar e promocionar a Rosca de Sober

RibeiraSacraXa
A iniciativa céntrase en preservar as súas cualidades, desenvolver métodos de elaboración que respecten a súa autenticidade e explorar novas formas de uso na cociña contemporánea e na hostalaría
presentacion-proxecto-rosca-de-sober
3 Oct 2025

A Consellería de Medio Rural presentou este xoves o Proxecto Rosca de Sober, unha iniciativa destinada a recuperar e promover este doce tradicional da localidade, considerado parte do patrimonio gastronómico e cultural da Ribeira Sacra.

A iniciativa céntrase en preservar as súas cualidades, desenvolver métodos de elaboración que respecten a súa autenticidade e explorar novas formas de uso na cociña contemporánea e na hostalaría. A rosca de Sober elabórase tradicionalmente en forno de leña con auga, sal, azucre, fariña, ovos e azafrán.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, destacou este xoves durante a presentación do proxecto a importancia da rosca como patrimonio gastronómico e o seu potencial para reforzar a identidade da Ribeira Sacra, en pleno proceso de candidatura como Patrimonio Mundial da Unesco.

Na iniciativa participan tamén o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), a Cátedra do Pan da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Concello de Sober, rosqueiros locais e un cociñeiro do municipio.

O proxecto busca, ademais, reforzar a Feira da Rosca, que en 2026 celebrará a súa XXIX edición, como escaparate para dar a coñecer o doce, atraer a atención das novas xeracións e potenciar a súa presenza na gastronomía contemporánea.

⚙ Configurar cookies
0.42917203903198