Medidas drásticas para o aforro de auga no concello de Pantón

O alcalde do concello de Pantón, José Luis Álvarez Blanco, vén de comunicar a tódolos veciños e veciñas do termo municipal a adopción de medidas drásticas que favorezan o aforro de auga debido á escaseza xeneralizada de auga no concello
O subministro actual non chega para o consumo que existe ata o de agora, é por isto que apelan á responsabilidade de todos para que se faga un uso racional da auga pública.
Comunicouse por tanto que durante este tempo de seca e ata novo aviso, cortarase o subministro de auga dende as 00.00 horas da madrugada ata as 06.00 horas da maña.