'MAVI: a Maleta Viaxeira Contra a Violencia de Xénero' foi entregada en Chantada

RibeiraSacraXa
A subdelegada e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María Luisa Castro, fixeron entrega da MAVI ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela
Maleta-Viaxeira-Contra-a-Violencia-de-Xénero-Chantada
3 Ago 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entregou no Concello de Chantada a 'MAVI: a Maleta Viaxeira Contra a Violencia de Xénero', con 11 libros para traballar por unha igualdade efectiva e real entre homes e mulleres a través da lectura de textos con perspectiva feminista tanto para persoas adultas como para adolescentes.

A subdelegada e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María Luisa Castro, fixeron entrega da MAVI ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela, co obxectivo de promover entre a veciñanza a curiosidade sobre os títulos e, en consecuencia, a aprendizaxe para formar a unha sociedade crítica co sistema de dominación masculina e convencida da loita pola igualdade entre os sexos.

“Queremos promover a reflexión arredor da violencia de xénero, polo que apostamos e facilitamos aos concellos que se sumen a loitar contra esta violencia estrutural, defendendo que as administracións públicas deben seguir ofrecendo programas que contribúan á concienciación da sociedade”, asegurou Rodríguez, lembrando que “o goteo incesante de crimes machistas obríganos a volcarnos con distintas medidas, tamén coa educación permanente da sociedade, por esta cuestión de estado que afecta gravemente a mulleres e nenas polo simple feito de selo”.

A subdelegada tamén defendeu “o carácter municipalista da iniciativa cun papel fundamental dos concellos, entre os que segue a ter unha moi boa acollida, chegando a gran parte da poboación e tamén a municipios rurais que se cadra teñen menos facilidades para acceder a este tipo de materiais”.

Estes novos libros súmase aos de Viveiro, Sarria, Vilalba, Quiroga, Trabada, Cervantes e Meira, así como aos dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. Actualmente, son 3 maletas as que están a percorrer a provincia, concretamente nos concellos de Barreiros, Cervantes e agora Chantada, cun total de 36 libros.

0.19273090362549