Marisa Castro presenta o seu libro 'A saga das curandeiras' no Ateneo Casino de Monforte

RibeiraSacraXa
Marisa Castro presenta o seu libro 'A saga das curandeiras' no Ateneo Casino de Monforte o vindeiro venres, 19 de febreiro
Libro A saga das curandeiras
15 Feb 2023

Este venres, 17 de febreiro, a escritora Marisa Castro Cerceda presentará o seu libro 'A saga das curandeiras' no Ateneo Casino de Monforte.

Marisa Castro Cerceda é doutora en bioloxía e profesora titular na área de botánica, departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo, na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

Especialista en micoloxía, é unha das maiores estudosas da botánica de Galicia e foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural de 1980 a 1986 e presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Conta con numerosos libros e guías publicadas sobre micoloxía, botánica e árbores como a 'Guía dos cogomelos comúns de Galicia' ou 'Cogomelos de Galicia e norte de Portugal' entre outros.

A obra

Neste último libro, a través da vida de Rosalía Carcedo faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

A saga das curandeiras
0.14901494979858