Mariano López Nieves puxo en valor "a capacidade e representatividade" da lista do PSOE á Alcaldía de Chantada

RibeiraSacraXa
Mariano López Nieves puxo en valor "a capacidade e representatividade" da lista do PSOE á Alcaldía de Chantada
PSOE Chantada
21 Maio 2023

O Casino de Chantada acolleu un acto no que o PSOE do municipio reuniu a ducias de persoas arredor do alcaldable, Mariano López Nieves, quen apelou ao voto útil para conseguir o cambio responsable e serio que o concello precisa, e pediu “traducir en votos asexpectativas dos veciños”.

O mitin contou coa participación do secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, que incidiu en que a candidatura socialista con López Nieves á cabeza está “facendo un magnífico traballo, creando ilusión, esperanza e expectativas de que se pode facer máis e moito mellor dende o Concello segobernamos os socialistas”.

“Chantada merece unha oportunidade, volver a progresar, avanzar e saír do letargo que provoca o actual alcalde, unha persoa que pouco lle importa o concello e que se foi ó retiro dourado do Senado por interese propio, esquecéndose dos intereses deste municipio”, subliñou José Tomé, recalcando que a localidade “non pode esperar máis para ter un Goberno serio, responsable, solvente, dinámico, que planifica, xestiona e cumpre, con políticas centradas nas persoas, na defensa dos servizos públicos, na promoción da economía e no apoio ao rural, como o que ofrece Mariano López Nieves e a súa candidatura”.

Propostas

O alcaldable, que estivo acompañado tamén do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, entre outros responsables orgánicos, alcaldes e candidatos da comarca, subliñou que os valores que pretende trasladar ao ámbito da política “son os que levamos anos aplicando na nosa actividade laboral, a liberdade, o respecto polos demais, o sacrificio para defender os intereses dos veciños e veciñas, e o compromiso para levar adiante as nosas propostas e todas aquelas ideas razoables que nos fagan chegar”.

López Nieves pon a loita contra o despoboamento e políticas activas para favorecer a natalidade, o crecemento económico e a xestión razoable dos recursos como obxectivos prioritarios do seu programa de Goberno, un decálogo “en forma de contrato cos cidadáns de Chantada, polo cal defenderemos, ante quen sexa necesario, os seus intereses”.

O candidato puxo en valor a “capacidade e representatividade” das persoas queconforman a lista electoral, que, segundo percibe, “é a mellor considerada polos veciños”.

0.19810605049133