María Sánchez presentou o seu poemario 'Fuego la sed', enchendo a Casa da Cultura de mulleres
RibeiraSacraXa
A cordobesa María Sánchez, que vive afincada no Saviñao, presentou o seu poemario 'Fuego la sed' en conversa coa guímara Olga Novo, enchendo o salón de actos da Casa da Cultura.
14 Mar 2024
A cordobesa María Sánchez, que vive afincada no Saviñao, presentou o seu poemario 'Fuego la sed' en conversa coa guímara Olga Novo, enchendo o salón de actos da Casa da Cultura.
Desde o Concello din que "coas súas palabras emocionámonos e reflexionamos sobre os efectos do capitalismo depredador: a emerxencia climática, o declive da biodiversidade, o colapso da cultura labrega...".
Así, as persoas, sobre todo mulleres, que participaron deste evento tiveron o "luxo de poder escoitar de primeira man na Pobra do Brollón a dúas mulleres referentes actuais da poesía do mundo rural".