María Emilia Casas Baamonde, investida Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña

A maxistrada monfortina María Emilia Casas Baamonde recibiu este venres a máxima distinción académica da Universidade da Coruña, sendo investida Doutora Honoris Causa no Paraninfo da Reitoría da Maestranza. O acto estivo presidido polo Reitor da institución coruñesa, Ricardo José Cao Abad, e contou coa presenza do alcalde de Monfort e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca.
Con esta distinción, Casas Baamonde convértese na trixésimo primeira Doutora Honoris Causa da universidade. Nacida en Monforte de Lemos, foi a primeira muller Catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social en España pola Universidade Complutense de Madrid e presidiu o Tribunal Constitucional entre 2004 e 2010. Actualmente, preside o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Lugo (TARCLU) e é Conselleira electiva do Consello do Estado desde 2018.
“É un orgullo para Monforte contar cunha profesional do seu nivel e recoñecemento internacional. María Emilia representa a excelencia e o compromiso coas institucións e os dereitos fundamentais”, destacou Tomé.
Dende o Concello llembran ademais que, ao longo da súa carreira, María Emilia Casas recibiu tamén o recoñecemento doutros centros universitarios, como as universidades de Santiago de Compostela e Vigo, ademais de importantes galardóns e condecoracións, entre elas o Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio e a Gran Cruz da Orden de San Raimundo de Peñafort.