María do Ceo actuará en Sober como parte da programación de Nadal o día 28

RibeiraSacraXa
Como parte da programación para estas datas, o Concello de Sober organiza unha nova proposta musical para este mes de decembro.
15 Dec 2023

Como parte da programación para estas datas, o Concello de Sober organiza unha nova proposta musical para este mes de decembro. A veciñanza poderá gozar da actuación de María do Ceo.

A cita do Concerto de Nadal será o vindeiro xoves 28 de decembro no Centro sociocultural de Sober a partir das 20.00 horas.

A cantante virá acompañada da viola de fado de José Salgado, do guitarrista Álex Salgado e do teclista Alejandro Firvida.

0.10197615623474