María del Carmen Macía seguirá á fronte do PSdeG-PSOE de Bóveda

RibeiraSacraXa
A agrupación socialista de Bóveda renova a súa Executiva local apostando pola continuidade
maria-del-carmen-macia-psoe-boveda
María del Carmen Macía
10 Jul 2025

A agrupación socialista de Bóveda renova a súa Executiva local co obxectivo de dar continuidade a un equipo “unido e comprometido”. María del Carmen Macía seguirá á fronte como secretaria xeral.

O novo organigrama queda composto por Mª del Carmen González, que asumirá a Secretaría de Organización; Roberto Carlos Piñeiro Pacio, que se encargará da Secretaría de Política Municipal; e Manuel González Losada, que continuará como tesoureiro.

Desde a agrupación destacan que se trata dun equipo con “experiencia, estabilidade e compromiso” para seguir impulsando unha “política útil e transformadora” no ámbito rural.

“Hai outra forma de gobernar, máis próxima á veciñanza. O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida da xente de Bóveda”, subliñou Macía.

⚙ Configurar cookies
0.16596603393555