Marcos Teira e Ton Risco pecharán o CourelSon 24 en Parada do Courel
Este sábado, 10 de agosto, remata a edición 2024 do CourelSon coa actuación de Marcos Teira e Ton Risco en Parada do Courel, diante dos aloxamentos A Carbiña, a partir das 20.30 horas.
O flamenco jazz, mesturado con ritmos de folclore de Marcos e Ton é recoñecido dende hai anos como unha das propostas máis orixinais deste xénero. A mestura de guitarra flamenca con vibráfono deste dúo é única no panorama internacional.
Como sempre, o concerto será de balde e cos productos dos productores artesáns do Courel ao voso dispor. Pero, ademais, nesta ocasión, os organizadores do evento porán ao dispor dos aloxados nos estabrecementos asociados un servizo de taxi gratuíto que sairá do Campo da Feira de Seoane ás 20.00, 20.20 e 20.40 horas ata a aldea de Parada. E retornará aos usuarios ao punto de partida a rematar o concerto.
Fan isto, explican, debido á "deixadez da administracións", xa que o corte na LU-651 provoca que sexa difícil achegarse ao punto de encontro dos concertos.