Manzaneda verá mellodo o acceso a Soutelo cun investimento de 157.000 euros

A Xunta de Galicia recibiu catro ofertas de empresas para executar as obras de mellora do camiño que conecta a parroquia de San Martiño co núcleo rural de Soutelo, no concello ourensán de Manzaneda. O proxecto, cun orzamento de licitación de 157.679 euros, enmárcase no Plan Hurbe, co que a administración autonómica colabora cos concellos para modernizar infraestruturas urbanas, mellorar a accesibilidade e revitalizar o territorio.
A actuación prevé o acondicionamento da chamada subida a Soutelo, un tramo de 560 metros moi utilizado polos veciños de Manzaneda, Soutelo, San Martiño e Rozavales, ademais de visitantes. O vial, que conecta coa estrada provincial en dirección á Pobra de Trives, presenta deficiencias na capa de rodaxe, drenaxe e sinalización, polo que se intervirá tamén nas redes pluviais e se habilitarán pequenas zonas verdes.
Segundo o convenio, a Xunta financiará o 70 % do proxecto e encargarse da contratación e execución das obras, mentres que o Concello de Manzaneda asumirá o 30 % restante. O prazo previsto de execución é de catro meses.