Manzaneda presenta o programa de actividades para o Entroido de 2025

O Entroido de Manzaneda, un dos máis importantes da provincia declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, regresa en 2025 entre o 20 de febreiro e 0 4 de marzo, cun extenso programa de actividades e cos Fulións como os principais protagonistas. A Mázcaras volverán a encher as rúas da vila de danza e de cor durante oito días de festexos.
O programa deste ano arrancará o 20 de febreiro coa celebración do tradicional Xoves de Compadres, e continuará o día 22 coa Fuliada da Mourela Pra Acá en Cernado. O día 27 será a quenda das Comadres, e 28 os cativos e cativas do CEIP Manzaneda e da Casa Niño O Bicarelo farán a súa ronda.
O sábado, 1 de marzo, haberá unha ronda de Fulións en San Mariño a partir das 17.00 horas. Ademáis, os Fulións de Borruga e Cubeiros visitarán Langullo tamén pola tarde. O día tres será a quenda da ronda dos Gusanitos pola vila de Manzaneda. Ademais, todos os venres ata o día 4 de marzo os Fulións visitarán as aldeas do concello.