Manzaneda organiza esta noite un paseo nocturno pola Ruta Ambiental Devesa
RibeiraSacraXa
A actividade está aberta a toda a veciñanza e partirá ás 21:30 horas desde a praza do Concello

Ruta nocturna Manzaneda
31 Jul 2025
O Concello de Manzaneda organiza esta noite, mércores 31 de xullo, un paseo nocturno aberto a toda a veciñanza por un tramo da Ruta Ambiental Devesa.
A saída está prevista para as 21:30 horas desde a praza do Concello. O percorrido seguirá parte da ruta Devesa, enlazará con San Pedro e regresará pola Corredoira. A camiñada terá unha duración aproximada dunha hora e media.
Desde a organización lembran ás persoas participantes que é necesario levar lanterna ou foco, xa que se trata dunha actividade nocturna.