Manzaneda inicia esta semana as obras de mellora nos accesos de O Poboado

O Concello de Mazaneda arrancará este martes as obras de mellora do firme das rúas e accesos da Urbanización de O Poboado, que consistirán na instalación dunha nova capa de aglomerado de 5 centímetros.
Dende o Concello informan que, debido aos traballos, irán producíndose distintas restricións de tráfico na contorna.
As actuacións contratadas polo Concello de Manzaneda están financiadas a través do plan provincial de obras e servizos municipais CooperOU 2024.