Manzaneda conmemora a Semana Mundial da Educación Ambiental cunha ruta pola contorna da vila medieval
Manzaneda conmemora este sábado, 25 de xaneiro, a Semana Mundial da Educación Ambiental cunha ruta que levará aos participantes a percorrer a vila medieval e a súa contorna.
A actividade ‘Pasea Manzaneda’ arrancará ás 11.00 na Praza do Concello cun paseo circular de 5 quilómetros que levará aos participantes a visitar o Monumento Souto de Rozavales, pasando polo Rebolo senlleiro e o predio exterior do Pazo da Pena. A actividade centrarase en afondar sobre a historia da vila medieval e o seu patrimonio natural.
Pola tarde, a partir das 15.30 horas, as persoas participantes poderán visitar a A Finca Agraria A Mata, un percorrido no que afondarase sobre a paisaxe e a actividade vitícola da zona.
A actividade será de carácter gratuíto e ao rematar haberá un sorteo de agasallos entre os asistentes, que poderán anotarse a través do teléfono 988 333 043 ou enviando un mail a manzaneda.rural@gmail.com indicando o número de asistentes.