Manzaneda arranca as obras de mellora en tres estradas municipais
RibeiraSacraXa
O Concello arranxará o tramo de Langullo dende a Corredoira, o acceso a San Pedro e o tramo entre Borruga e Placín
8 Nov 2024
O Concello de Manzaneda pon en marcha actuacións previas das obras de mellora do firme das estradas cara a Langullo dende a Corredoira, do acceso a San Pedro e dende Borruga a Placín.
As obras están sinalizadas conforme a información da maquinaria pesada traballando no tramo das estradas, polo que desde o organismo municipal piden aos condutores extremar as precaucións ao circular por ditos tramos.
Neste primeiros días perfilase as cunetas retirando a capa de terra e, tras elo, levarase a cabo o posterior barrido das estradas e procederase ao bacheo e mellora da estrada.