Manzaneda acolle esta fin de semana o programa de voluntariado interxeracional “VAI 2025”

RibeiraSacraXa
Un total de 15 persoas voluntarias colaborarán en tarefas de mantemento e protección no Monumento Natural Souto de Rozavales
castiñeiro-pumbairiños-souto-de-rozavales-manzanedda
Castiñeiro de Pumbairiños, Souto de Rozavales, Manzaneda
4 Jul 2025

A Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Manzaneda, organiza este sábado 5 e domingo 6 de xullo unha nova edición do programa de voluntariado interxeracional “VAI 2025”, centrado na conservación do Monumento Natural Souto de Rozavales.

Un total de 15 persoas voluntarias aloxaranse durante toda a fin de semana en Manzaneda para colaborar en tarefas de mantemento e protección deste emblemático espazo natural. Polas mañás, o grupo dedicarase a lixado e aplicación de verniz protector na madeira da varanda do Castiñeiro de Pumbariños e noutros elementos do mobiliario da zona.

Polas tardes, os participantes poderán coñecer de preto elementos culturais e naturais do municipio, combinando así o traballo medioambiental coa descuberta do rico patrimonio local.

Ademais, o sábado día 5 celebrarase un xantar libre no Souto, no que as persoas que se acheguen deberán levar a súa propia comida. As persoas asistentes que gocen desta xornada de convivencia coincidirán no espazo coas persoas voluntarias que forman parte do programa.

Con esta iniciativa, a Xunta e o Concello de Manzaneda buscan promover a colaboración interxeracional e o compromiso coa protección e posta en valor de espazos de alto interese natural como o Souto de Rozavales.

⚙ Configurar cookies
0.1585738658905