Manuela Sáez doa unha réplica do busto do VII Conde de Lemos ao Concello de Monforte

RibeiraSacraXa
Gloria Prada recibiu, de mans da historiadora monfortina Manuela Sáez, unha réplica do busto do VII Conde de Lemos, cuxo orixinal foi inaugurado o 25 de marzo de 2023 en Nápoles.
Manuela Sáez Conde de Lemos Concello Monforte
23 Abr 2024

Gloria Prada recibiu, de mans da historiadora monfortina Manuela Sáez, unha réplica do busto do VII Conde de Lemos, cuxo orixinal foi inaugurado o 25 de marzo de 2023 en Nápoles.

A réplica deste busto, feita en terracota, foi doada por Sáez ao Concello de Monforte e foi realizada polo mesmo escultor que fixo a escultura orixinal, Riccardo Ruggiano.

O busto do VII Conde de Lemos foi promovido en Nápoles pola Fundación Real Monte Manso di Scala para conmemorar cuarto centenario da morte do VII Conde de Lemos, D. Pedro Fernández de Castro e Andrade, e en agradecemento tanto ao Conde como a Giovan Battista Manso por fundar a prestixiosa Academia Napolitana dos Ociosos, que foi a máis importante Academia cultural do Reino de Nápoles durante o S.XVII.

Gloria Prada agradeceu á historiadora monfortina esta doazón, “porque representa a unha das personaxes de maior relevancia histórica da nosa cidade, un dos principais nobres da súa época que deixou un legado de incalculable valor, non so en Monforte, senón tamén en Galicia e España”.

Manuela Sáez agradece ao Concello de Monforte “o interese que ten na difusión do legado cultural de deixou o VII Conde de Lemos”.

0.22074294090271