Manuel Regueiro visitou o Xeoparque de Quiroga a pasada fin de semana

RibeiraSacraXa
O presidente do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos, Manuel Regueiro, visitou a pasada fin de semana diversos puntos do Xeoparque de Quiroga.
manuel regueiro julio alvarez
25 Maio 2021

O presidente do Ilustre Colexio Oficial de Geólogos, Manuel Regueiro, visitou a pasada fin de semana diversos puntos do Xeoparque Montañas do Courel. Nas instalacións do Museo Xeolóxico foi recibido polo alcalde da capitalidade do Xeoparque, Julio Álvarez, que o acompañou a recorrer diversos puntos do territorio.

Un dos motivos da súa visita foi “ver con máis detalle as moitas características xeolóxicas do Xeoparque para coñecelo e apoialo dende o Colexio de Xeólogos e ver o traballo que se está facendo". Manuel Regueiro que é tamén o xefe de relaciones Externas e Comunicación do Instituto Geológico y Minero de España e membro fundador da ONG Geólogos del Mundo, citou o “enorme, espectacular e quilométrico pregamento do Courel” como o foco do Xeoparque. Según sinalou, un lugar que forza a mente das persoas que o miran a entender as forzas tectónicas, a historia xeolóxica espectacular e os tempos incribles que aquí se viviron antes de que houbese seres vivos.

Así mesmo, a visita tamén se produciu polo desexo que tiña de documentarse sobre o que pasou na zona en realidade dende a época dos romanos ata hoxe para escribir a súa próxima novela. Unha novela que terá que ver coa xeoloxía, a arqueoloxía e a historia presente e pasada, como na súa primeira novela El tesoro de Brando.

Os restos de Elba, os mortos atopados na cova de Arcoia, as minas romanas de ouro, unha detective que terá que investigar casos sen resolver, as súas raíces familiares quiroguesas, ... todas son ideas que nestes momentos pasan pola cabeza de Manuel Regueiro. “Unha mestura de historias que ligarán o pasado co presente no marco da xeoloxía” e que levará o título de Quiroga.

Cando este proxecto estea rematado e chegue o momento de dalo a coñecer, Manuel Regueiro, presentarao na capital do Xeoparque, Quiroga, aceptando a petición que lle fixo o rexedor local.

0.17458081245422