Manuel Regueiro presentou a súa exposición 'Abigarrado', que está exposta na Casa da Cultura de Quiroga
A exposición 'Abigarrado', do xeólogo e presidente do Colexio de Xeólogos de España, Manuel Regueiro y González-Barros, está disposta para o público na sala de exposicións Manuel María da Casa de Cultura de Quiroga.
O alcalde de Quiroga estivo na inauguración desta exposición e tivo palabras de agradecemento para este xeólogo, non só pola exposición, senon tamén pola distinción que o Colexio de Xeólogos de España lle concedeu no ano 2020, polo seu apoio e divulgación á Xeoloxía de Galicia e pola construción do Museo de Xeoloxía de Quiroga.
Nesta exposición poderemos ver, como explicou Manuel Regueiro, unha mestura de cerámica, pintura e debuxo e fotografía, que practica nos seus tempos de ocio. A mostra recolle óleos, acrílicos, acuarelas e fotografías inspiradas en Galicia e noutros puntos do mundo, xunto as cerámicas que fai no seu taller en Madrid con barros de Buño e a que leva máis anos dedicándose.