Manteñen aberto ata o día 10 o prazo para participar no certame Xuventude Crea

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os traballos presentados optan a premios económicos e a oportunidades de promoción en exposicións e diferentes eventos
Imaxe recurso poesía
7 Oct 2024

A Xunta mantén aberto ata o xoves 10 de outubro o prazo para concorrer ao 15º certame Xuventude Crea, unha iniciativa para que os mozos e mozas de 18 a 30 anos poidan amosar a súa creatividade e talento artístico en disciplinas moi variadas.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que nesta edición hai 16 categorías, dúas máis que o ano pasado. Así, ás áreas de artes plásticas, fotografía, moda, deseño de xoias, arte urbana, música, cociña, videocreación, banda deseñada, novela curta, videoxogos, poesía, danza e teatro, súmanse agora as modalidades de DJ e creación de contido.

A categoría de teatro divídese en dous apartados cos seus respectivos premios económicos: teatro Amador, para grupos xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos amadores ou escolas municipais, entre outros; e teatro Pro, para compañías de nova creación, profesionais emerxentes e grupos formados por alumnos ou egresados da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Neste último caso, as persoas ou compañías galardoadas recibirán ademais do premio económico un impulso ao lanzamento do seu proxecto a través do Centro Dramático Galego.

Os traballos presentados optan a galardóns e a oportunidades de promoción en exposicións e eventos finais. Os premios económicos por cada categoría serán de 2.000 euros para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 para o terceiro. Os recoñecementos entregaranse nunha gala prevista para mediados de decembro.

As presentacións poden facerse a través da sede electrónica da Xunta. Nesta ocasión, por primeira vez ábrese a iniciativa á participación de persoas galegas residentes no exterior, que poderían viaxar á Comunidade no caso de chegar á final mediante a Estratexia Galicia Retorna. Ademais, grazas aos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego os responsables das obras gañadoras terán a posibilidade de ser seleccionados para un programa de formación e mentoring para poñer en marcha o seu proxecto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16597890853882