Mañete celebra este venres as súas festas

A Asociación de Veciños de San Mamede de Mañete organiza este venres, 15 de agosto, unha xornada de festa que se estenderá durante todo o día.
As celebracións arrancarán ás 13:15 horas cunha Misa Solemne amenizada por unha charanga e, ao remate, comezará a sesión vermú na Aira do Santiago, con música e baile. Ademais, durante toda a mañá, a charanga percorrerá as rúas do pobo.