Mañá comezan as obras nas vías da zona de Val de Lemos en Monforte

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte informa que mañá se comezará coas actuacións de mellora en vías municipais situadas na zona das vivendas Val de Lemos.
plano monforte lemos
21 sep 2021

O Concello de Monforte de Lemos ven de anunciar que mañá mércores 22 de setembro, está previsto o inicio das actuacións de mellora en vías municipais situadas na zona das vivendas Val de Lemos.

Estas actuacións enmárcanse dentro dos 10 proxectos de mellora de rúas, vías e camiños, tanto urbanos como rurais, que o alcalde, José Tomé, anunciara en rolda de prensa a principios do pasado mes de xuño, e que en total alcanzan unha inversión de case medio millón de euros, en concreto, 457.653,31 euros.

En concreto, na zona das Vivendas Val de Lemos levarase a cabo a rexeneración do seu firme, sobre unha lonxitude de 725 metros de rúas, “o que significa que imos renovar todas as rúas do barrio Val de Lemos”, destaca o rexedor municipal.

Para esta actuación, o Concello destina un orzamento de 59.604,07 euros, e as obras serán executadas pola empresa Obras y Saneamientos Galicia SL (ás que lle foi adxudicada por 53.107,28 euros), que terá un mes de prazo para a súa execución.

Mellora de todas as vías municipais en Val de Lemos

A zona obxecto de actuación comprende varios tramos de vías municipais situadas na zona das Vivendas Val de Lemos, que suman un total de 725 metros, cunha superficie de 5.432 m².

“Dado o tempo elevado que se leva sen actuar sobre o firme destas vías, unido ó elevado tráfico nalgunhas das zonas, así como a presenza de auga noutras, o firme de devanditas vías está moi deteriorado, polo que dende o Concello decidimos levar a cabo unha actuación completa de renovación de devandito firme, o que significa que imos renovar todas as rúas do barrio Val de Lemos”, subliñou o alcalde.

Deste xeito, as actuacións que se levarán a cabo dende mañá mércores, para a mellora de devanditas vías consistirán no fresado, a limpeza enérxica e a posterior aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 4 cm. de espesor, así como no pintado das marcas viais correspondentes.

Plano Monforte de lemos vivendas val lemos
ruas plano monforte lemos
0.1458740234375