Máis dunha vintena de escolares participan na competición de campo a través en Monforte
Máis dunha vintena de nenos e nenas xuntáronse este domingo en Monforte para participar nun novo evento de promoción deportiva dirixido esta vez ao atletismo. Os escolares participaron na primeira proba preparatoria de campo a través.
A través da campaña Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) da Xunta de Galicia, o Concello ofrece a posibilidade de que a cativada participe de xeito gratuíto na actividade de cros. O vindeiro 12 de novembro en Monforte terá lugar a seguinte proba preparatoria e o 17 de decembro será a clasificatoria no norte de Lugo.
Trátase dunha actividade, con desprazamentos en autobús e seguro, que non precisa inscrición nas Escolas Deportivas Municipais. O alumnos irán acompañados de 2 adultos, entre persoal técnico do Concello de Chantada e voluntarios.