Máis dun milleiro de persoas despediron o Entroido en Pantón

RibeiraSacraXa
En total, o Concello de Pantón repartiu máis de 5.000 euros en premios durante o Desfile de Comparsas e Disfraces, que pechou o Entroido de 2025 na Ribeira Sacra
desfile-comparsas-disfraces-entroido-panton
Desfile de Comparsas, Pantón
10 Mar 2025

O Concello de Pantón celebrou un ano máis o seu Desfile de Comparsas e Disfraces que pecha o Entroido na Ribeira Sacra. Desafiando á chuvia desfilaron máis dun milleiro de persoas en máis dunha trintena de comparsas e disfraces individuais.

O Entroido de Budián, Entroido tradicional de Pantón que se vén recuperando desde hai anos, participou do Desfile, xunto con outras comparsas e disfraces de Pantón, ás que se sumaron comparsas chegadas de Sober, Rodeiro, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Ourense, Sarria ou Ribas de Sil.

Encabezado pola charanga Tambukda Lugo, qo desfile percorreu durante máis de dúas horas as rúas de Ferreira para rematar na Praza do Concello onde seguiría a música. Alí os participantes desfrutaron dun chocolate quente con biscoito e todos os nenos e nenas que desfilaron recibiron tamén o seu paquete de chuches.

O xurado estivo composto por cinco representantes elixidos por sorteo entre as comparsas de máis de 10 participantes, e unha persoa allea ás mesmas que exercerá o voto de calidade en caso de empate. Valorábase o vestiario e maquillaxe, elaboración do disfraz, a posta en escena e a música.

Premios do Concurso de Disfraces e Comparsas de Pantón

Comparsas Adultos Grupo A (máis de 10 compoñentes)

  • 3º Premio, Mundo Rabbit (150 euros)
  • 2º Premio, Memorias do Titanic (200 euros)
  • 1º Premio, Pide o teu desexo en Sober (300 euros)

Comparsas Adultos Grupo B (grupos de entre 5 e 9 compoñentes)

  • 3º Premio, Carrusel (100 euros)
  • 2º Premio, Os Gnomos do Faro (125 euros)
  • 1º Premio, Fantasía do Entroido (150 euros)

Comparsas Adultos Grupo C (individual e parellas entre 1 e 4 compoñentes)

  • 3º Premio, Joker y Harely Quin (50 euros)
  • 2º Premio, Doña Rogelia (75 euros)
  • 1º Premio, Reciclator e o seu Dragón (100 euros)

Comparsas Infantís de 10 ou máis compeñentes

  • 3º Premio, O Corraliño do Monte Baliño (150 euros)
  • 2º Premio, O Rabaño da Celia (160 euros)
  • 1º Premio, Tic Tac (180 euros)

Comparsas Infantís de entre 5 e 9 compoñentes

  • 1º Premio, A Fórmula de Pantón (100 euros)

Individual e Parellas entre 1 e 4 compoñentes

  • 2º Premio, Mi amigo el Zombie y yo (40 euros)
  • 1º Premio, Paseo en Globo pola Ribeira Sacra (50 euros)

Todas as comparsas con carroza recibiron 50 euros como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibiron 80 euros non acumulables ao premio. Con todo o Concello de Pantón repartiu máis de 5.000 euros en premios.

⚙ Configurar cookies
0.12033700942993