Máis dun cento de persoas acudiron en Monforte á proxección do documental sobre Moncho Reboiras

RibeiraSacraXa
A sesión, organziada polo BNG de Monforte, rematou cun coloquio no que participaron Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón
docummental-moncho-reborais-monforte
4 Jul 2025

Máis de cen persoas asistiron este martes en Monforte á proxección do filme documental sobre Moncho Reboiras, organizada polo BNG nos multicines Hollywood da cidade.

A sesión rematou cun coloquio no que participaron Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón, militantes da UPG nos anos 70, que compartiron co público as súas lembranzas e experiencias como testemuñas directas daqueles anos de loita e represión. Ambos foron, ademais, das últimas persoas en ver con vida a Reboiras antes do seu asasinato pola policía franquista en agosto de 1975.

Tamén tomou parte no coloquio Alberte Mera, director do documental, quen explicou o proceso de creación do filme e destacou a importancia de manter viva a memoria de figuras como Moncho Reboiras.

Desde o BNG de Monforte agradeceron a asistencia do público, así como a colaboración da Fundación Terra e Tempo, e expresaron un agradecemento especial a Marisa Canto e Xosé Manuel Pavón polo seu compromiso e pola súa contribución á recuperación da memoria política galega.

⚙ Configurar cookies
0.19770503044128