Máis de cen persoas participaron da presentación de José Portela como candidato polo BNG ao Concello de Taboada

O BNG presentou a súa candidatura con José Portela como o alcaldable nas seguintes eleccións municipais de Taboada.
Segundo datos do partido nacionalista, máis dun cento de veciños e veciñas acudiron o sábado á presentación da candidatura, na que estiveron, entre outros, o anterior candidato, Antón Ledo, Maite Ferreiro, a vicepresidenta da Deputación, e Carme Aira e Mini Rivas Cruz, deputadas no Parlamento galego.
Desde o BNG defenden que durante estes meses que quedan seguirán "traballando nun proxecto que pretende darlle unha alternativa ao Concello, con ilusión, humildade e compromiso".