Máis de cen nenos da provincia participaron na primeira proba do Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar

Este domingo celebrouse no Concello de Chantada a primeira proba do "II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar" de XOGADE, o programa de deporte infantil da Xunta de Galicia.
Máis de 100 nenas e nenos de Chantada, Friol, Pantón, Carballedo, Taboada, Portomarín, O Saviñao, Sober e Monforte participaron nesta actividade, que continuará o vindeiro domingo en Friol. As seguintes paradas serán Pantón, o 23 de febreiro, O Saviñao, o 16 de marzo, Sober, o 23 de marzo, Carballedo, o 6 de abril, Taboada, o 20 de abril, e Portomarín, o 4 de maio.
Este II Circuíto destínase a nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2019. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da web do Concello de Chantada, nas escolas deportivas e cos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes. A participación inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras.
Clasificacións da primeira carreira
Cadete Masculino
- Hugo Ferro. Concello de Friol
- Martín Díaz. Concello de Friol
Cadete Feminino
- Alba Lois. Agrupación Deportiva A Gándara
- Claudia Carballal. Agrupación Deportiva A Gándara
- Isabela Lucia de La Concha. Escolas Deportivas de Chantada
Infantil Masculino:
- Mauro Figueiras. Agrupación Deportiva A Gándara
- Nicolás Méndez. Agrupación Deportiva A Gándara
- David Viña. Concello de Friol
Infantil Feminino
- Sabela Sánchez. Concello de Friol
- Ada Ceide. Concello de Friol
- Yanira López. Escolas Deportivas de Chantada
Alevín Masculino
- Alexandre Costa. Agrupación Deportiva A Gándara
- Mateo Gayol. Escolas Deportivas de Chantada
- Éric Gallardo. Concello de Friol
Alevín Feminino
- Sabela Sánchez. Agrupación Deportiva A Gándara
- Sofía Balboa. Escolas Deportivas de Chantada
- Vera Abel. Concello de Friol
Benxamín Masculino
- Érik Fernández. Concello de Carballedo. Escolas Deportivas de Chantada
- Arai Gallardo. Concello de Friol,
- Artai Novo. Escolas Deportivas de Chantada
Benxamín Feminino
- Ainhoa. Concello de Sober
- Estela da Costa. CEIP Colexio Novo. Concello de Monforte de Lemos
- Julieta Fernández. Concello de Sober
Prebenxamín Masculino
- Iago Gayol. Escolas Deportivas de Chantada
- Antón Lale. Escolas Deportivas de Chantada
- Ezequiel Estévez. CEIP Colexio Novo. Concello de Monforte de Lemos
Prebenxamín Feminino
- Antonela Rodríguez. Concello de Pantón
- Ana Fernández. Concello de Sober
- Lara Fernández. Concello de Carballedo.