Máis de 60 millóns de euros para a modernización do ferrocarril en Lugo

LugoXa | RibeiraSacraXa
Nueva inversión de más de 60 millones de euros para la mejora de infraestructuras e instalaciones del ferrocarril en la provincia de Lugo.
vias tren ourense monforte
3 Dec 2021

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou a decidida aposta do Gobeno pola modernización do ferrocarril na provincia de Lugo que se materializa na mobilización de novos investimentos por importe de máis de 60 millóns de euros.

O delegado do Goberno puxo de manifesto o pulo que supón para a mellora das infraestruturas ferroviarias na provincia a autorización de tres novos contratos para a mellora da infraestrutura e sinalización do treito Ourense-Monforte de Lemos-Lugo.

José Miñones remarcou que “o Goberno segue a mobilizar investimentos millonarios para dotar a Lugo de boas comunicacións por ferrocarril, cumprindo así o seu compromiso con esta provincia”.

Miñones informou de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axunta Urbana vén de dar un novo pulo á mellora do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, coa autorización polo Consello de Administración de Adif de tres novos contratos destinados á mellora da infraestrutura e a sinalización do treito Ourense-Monforte de Lemos.

O delegado do Goberno explicou que dous dos contratos autorizados, por importe de 46.961.892 euros (IVE incluído) teñen por obxecto o tratamento de elementos de infraestrutura (pontes, túneles e explanacións) nun treito de 19,1 km. Ademais, autorizouse a adxudicación de outro contrato, por importe de 13.252.593,90 euros (IVE incluído), para a mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións dos 46 km do treito Ourense-Monforte.

Os tres contratos forman parte dos proxectos para a modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo e teñen a finalidade de mellorar o estado da infraestrutura e aumentar a fiabilidade das liñas e a calidade do servizo.

Tratamento de elementos de infraestrutura
O primeiro dos contratos de tratamento da infraestrutura ten un presuposto de licitación de 26.831.702 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 14 meses.

O segundo conta con un orzamento de licitación de 20.130.190 euros (IVE incluído) e o seu prazo de execución é de 15 meses e 15 días.

Sinalización e telecomunicacións 
O contrato de obras de execución do proxecto construtivo para a mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións do treito Ourense-Monforte foi adxudicado á UTE formada por CAF Signalling e Instalaciones Técnicas Eléctricas Asturianas por 13.252.593 euros (IVE incluído) con un prazo de execución de 20 meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17769503593445