Máis de 50 nenos e nenas de Quiroga están desfrutando xa do XV Campus de Fútbol

RibeiraSacraXa
Máis de 50 nenos e nenas de Quiroga están desfrutando xa do XV Campus de Fútbol que se desenvolverá ata o venres
quiroga campus futbol
18 Xul 2023

Comeza o Campus de Fútbol para nenos e nenas de 6 a 16 anos en Quiroga tras o remate a pasada semana do Campus de Voleibol, que terminou coa entrega da foto oficial ás participantes da man dos representantes da área de deportes do Concello de Quiroga.

Neste caso, o campus de fútbol, que xa vai pola súa XV edición, desenvolverase ata o venres entre o campo de fútbol San Martiño e as instalacións das piscinas municipais, desde as 10.00 ata as 13.30 horas.

Arredor de 50 nenos e nenas están participando xa das actividades de fútbol, que recibiron a visita do concelleiro de Deportes, Antonio Marcos Prieto, durante a primeira xornada do evento.

0.15313100814819