Máis de 450 deportistas déronse cita en Chantada no Campionato Galego Absoluto e de Clubs de Karate

O Concello de Chantada colaborou un ano máis coa Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas para acoller, por terceiro ano consecutivo, o "Campionato Galego Absoluto e de Clubs de Karate".
A competición tivo lugar este sábado no Pavillón Municipal de Chantada, onde déronse cita 467 deportistas de máis de 156 equipos pertencentes a 28 clubs. A participación local correu a cargo do Chantada Karate Club, que presentaron na competición a 8 deportistas e 3 equipos de categoría xuvenil. Tamén participará en kata e kumite individual sénior.
Así entre os deportistas, acompañantes, equipo de árbitros e de staff, ademais do público, máis dun milleiro de persoas ocuparon este sábado o Pavillón chantadino. O alcalde agradeceu a confianza da organización para acoller esta competición, “Para o Concello de Chantada é una honra acoller por terceiro ano consecutivo esta cita que trae a Chantada a centos de persoas apaixonadas do deporte, neste caso do karate que en Chantada ten grandes deportistas. Será tamén un día de moita ambientación na vila e iso sempre é benvido”, asegura Manuel Lorenzo Varela.
A competición deste 8 de febreiro en Chantada foi clasificatoria para os Campionatos de España Absoluto e de Clubs.