Máis de 400 gaiteiros participan hoxe en Quiroga no XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

Dentro do actos da Feira do viño de Quiroga, estesábado celébrase na vila qui-roguesa o XVI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Nesta ocasión o certa-me retoma o nome de ‘Memorial Muíño’, en lembranza da figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.
Nesta ocasión, o certame está adicado ao gaiteiro do Bierzo, Hilario García, co-mo un acto de recoñecemento tras o seu falecemento, como explicou na pre-sentación Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e organizador do evento.
Precisamente a banda ponferradina será a única agrupación non galega que asiste ao certame na presente edición. Estará acompañada no cartel por seis bandas ourensás, dúas da Coruña e catro de Lugo. As representantes da provin-cia serán as de Chantada, Val de Lemos, Falcatrueiros de Monterroso e Toxo Queimado de Baleira. Serán quince as bandas e máis de 400 gaiteiros, as que participarán ao longo do día neste certame.
Prorgrama
Ás 11.30 horas comezarase co desfile das bandas participantes pola rúa Real, dende a Casa da Cultura ata a praza España, lugar onde se desenvolverá o cer-tame que tamén se poderá seguir a través de streaming (XoseLoisFoxoLIVE).
O certame comezará previsiblemente ás 12.00 horas, e abrirá coas bandas de 4º grado, onde están incluídas as Bandas de Gaitas dos Concellos de Castrelo de Miño e Riós e a Banda de Gaitas Fuentesnuevas de Ponferrada. No terceiro gra-do participarán as Bandas de Gaitas da Escola Municipal de Xinzo de Limia, Tar-de Piaches; a banda de Gaitas de San e San Pantaleón das Viñas (Ferrol) e Ladies Band (Ourense). No segundo grao son catro as bandas de gaitas que concursan: a do Concello de Chantada, a do Val de Lemos, a de Xinzo de Limia e Falcatruei-ros de Monterroso.