Máis de 250 persoas participaron do acto de apertura da campaña electoral de Por Chantada

RibeiraSacraXa
Máis de 250 persoas participaron do acto de apertura da campaña electoral de Por Chantada no Campo da Feira Vello
Presentación Por Chantada
17 May 2023

Por Chantada organizou o acto de apertura da campaña electoral de cara as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio no Campo da Feira Vello de Chantada, no que se reuniron 250 persoas.

No acto, interviu inicialmente Juan Ramón Vázquez, número 8 da candidatura, quen apostou hai preto de 20 anos, por emprender na súa vila natal como fisioterapeuta, e é a día de hoxe un profesional de referencia no sector máis aló das fronteiras locais.

Juan destacaba o potencial de Por Chantada para construír unha vila na que as xeracións vindeiras poidan botar raíces: “Por Chantada ten un proxecto realista e de futuro para construír un concello que defenda os intereses comunitarios, que garanta o benestar de todas e todos, con aldeas vivas, con vivenda social, unha vila atractiva accesible e segura con mellores infraestruturas, e con emprego de calidade para a mocidade”, explicou.

Valor do sector primario

Posteriormente, tomou a palabra Ana Rodríguez, número 5 da candidatura, quen destacou a relevancia e potencial económico do sector primario no municipio, e a necesidade de actuar ante a pasividade da actual administración local, xa que “temos viño, temos leite, temos carne, temos turismo e restauración, pequenas empresas e autónomos ligados aos sectores produtivos; e mentres Chantada avanza, o concello queda atrás".

Así, defende que "é fundamental nun concello coma Chantada, onde o sector primario é tan relevante, contar con persoas coa súa experiencia e coñecemento no agrarismo e en todo o relacionado coa Política Agraria Común. É preciso que dende o concello se preste asesoramento e un apoio efectivo a todo o sector para que poida cumprir os requisitos establecidos na nova PAC e beneficiarse das súas axudas no camiño cara o fortalecemento do tecido socioeconómico das zonas rurais".

En terceiro lugar, interviu Elena Fernández, número 3 da candidatura, quen destacou importancia de considerar a igualdade dun xeito real e efectivo como aspecto transversal en todas as políticas que se propoñan e desenvolvan a nivel local en todos os ámbitos: "Creo neste proxecto polo compromiso que sempre tivo coa igualdade e non discriminación considerando a transversalidade de todas as súas propostas”.

Finalmente, pechou a quenda de intervencións o candidato á Alcaldía, Antom Fente; quen destacaba que o cambio que busca Por Chantada ten como prioridade absoluta o ben de todas e todos; e que é o momento dun voto “intelixente, esperanzado, ilusionado para vencer calumnia, o medo, e a prepotencia”.

O candidato salientaba tamén a valía, preparación, e experiencia da súa equipa para conseguir o cambio mediante un traballo efectivo e transparente; e a autonomía da agrupación para actuar en glocal reclamando apoios aos niveis institucionais superiores pero sen estar supeditados a eles.

O acto finalizou cunha foto de familia á que se uniron gran parte das persoas asistentes amosando o seu apoio e confianza na candidatura.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18573093414307