Máis de 250 deportistas participaron esta fin de semana en Carballedo no I Trofeo Internacional de Karate da Ribeira Sacra

O pavillón municipal da Barrela foi este sábado, 5 de xullo, o escenario do I Trofeo Internacional de Karate da Ribeira Sacra, unha cita histórica ao ser o primeiro evento internacional de karate que se celebra nesta comarca.
Máis de 250 deportistas de 26 clubs procedentes de Galicia, Portugal, Asturias, Cantabria e Castela e León déronse cita nesta competición, que converteu a Carballedo nun punto de encontro para o karate e as artes marciais.
Desde a organización destacan a boa acollida e a alta participación, que reafirma o potencial desta zona para acoller eventos deportivos de ámbito internacional.