Máis de 250.000 euros están sendo destinados para mellorar estradas de Sober
O Concello de Sober está a realizar melloras en estradas de titularidade municipal que quedarán concluídos esta semana e que se corresponden con obras do Plan Marco e do Plan Único.
As melloras realizadas foron o aglomerado en quente dos accesos ao lugar de Rosende e dende o Campo á Lama de Outeiro, tamén na parroquia de Rosende; os accesos á igrexa de Vilaescura, o camiño de A Cigüeñeira ata A Carreira en Anllo, os accesos a O Lobio e Barantes, e a estrada dende A Carqueixa ao muíño de Figueiroá.
Con dobre rego realizáronse os accesos a Tabouzos dende Lobios e dende Amandi e os accesos a Vilariño dende As Gándaras, na parroquia de Pinol. Antes de que remate a semana quedará concluído o aglomerado en quente dos accesos a A Costa dende O Mollón en Neiras e os accesos a A Pena de Gundivós.
A mellora de camiños de titularidade municipal, que nesta ocasión contaron con máis de 250.000 euros, segue sendo unha das prioridades do equipo de Goberno local.