Máis de 100 nenos e nenas participan no programa infantil de Nadal en Chantada
Este luns, 23 de decembro, deron comezo no Concello de Chantada as actividades da programación infantil que a Concellaría de Igualdade organiza para este Nadal.
Pola súa Campamentos de Nadal desenvólvense no Pavillón Municipal entre o 23 de decembro e o 3 de xaneiro, mentres que na Casa da Cultura teñen lugar o obradoiros creativos que imparte a empresa local Velaísca, para maiores de 8 anos. Estes talleres celébranse os días 23, 27 e 30 de decembro e 2 de xaneiro de 12.00 a 13.30 horas. Este ano, como novidade, prográmanse obradoiros pola tarde. Así, os días 26 de decembro e 3 de xaneiro de 17.00 a 18.30 horas, haberá obradoiros para nenos e nenas de 5 a 7 anos de idade e, para maiores de 7 anos seguirán as propostas en horario de 18:30 a 20:00 horas. Asisten a estas actividades de balde case unha trintena de nenos e nenas.