Máis de 1.200 persoas participaron do Entroido en Monforte, que repartiu case 20.000 euros en premios

RibeiraSacraXa
O Concello de Monforte celebrou o seu día grande do Entroido 2024, o Martes de Entroido, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido.
Martes de Entroido Monforte
14 Feb 2024

O Concello de Monforte celebrou o seu día grande do Entroido 2024, o Martes de Entroido, co Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido.

A última hora, varios dos colectivos anotados ao concurso comunicaron un incremento de participación no que é o seu número de compoñentes, polo que finalmente foron 1.200 os participantes inscritos que optaron aos premios das diferentes categorías.

A eles engadíronse centos de persoas que se disfrazadon fóra de concurso, e que fixeron, xunto cos monfortinos e visitantes que ateigaron as rúas polas que transcorreu o desfile, que este Martes de Entroido en Monforte "resultara ser todo un éxito, no que ademais acompañou a climatoloxía", sosteñen desde o Goberno local.

Para o concurso do Martes de Entroido o Concello estableceu dúas modalidades, unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte de Lemos e outra para disfraces e comparsas de fóra do municipio. No primeiro caso, destina 15.000 euros en premios, e para os participantes de fora do Concello, 2.300 euros.

O Desfile de comparsas e disfraces do Concello de Monforte comezou ás 17.00 horas na praza da Estación e percorreu as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e finalizou na Explanada da Compañía, onde a concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer ós ganadores e gañadoras do concurso. A xornada concluíu coa actuación da Orquestra Trébol.

Comparsas premiadas

Con respecto aos premios, as comparsas de fóra de 1 a 3 compoñentes que gañaron o concurso foron, por orde, Picaronas Saca Polvos do Incio, El mejor de los Beatles de Sanxenxo e Andaluza, olé! de Ferrol.

As comparsas de fóra premiadas, de 4 a 24 compoñentes foron En-Caixas? de Tuimil, Bóveda; e Ken Carallo é a Barbie de Cereixa. E as comparsas de fóra premiadas de máis de 25 compoñentes foron Sobernirs do mundo Concello de Sober, Señorita e Carraboleiros de Bolemente e A Lenda dos Seurros Anpa Colexio Asunción de Sarria.

Por outra parte, as comparsas premiadas de Monforte de 4 a 24 compoñentes foron, en primeiro lugar Las Rosquis e Terra Verde sen Plástico; en segundo, La ilusión de las Bolas, e en terceiro, First Dates. Ademais, recibiron un accésit as comparsas de A túa cara sóame, As donas da Fervenza e Open Ribeira Sacra.

Pola súa banda, as comparsas de entre 25 e 50 compoñentes premiadas foron Circo Troula, Viaxe en Globo pola Ribeira Sacra e La Oveja; mentres que as premiadas de entre 51 e 90 compoñentes foron Os Papagándaros, Avialae e Ecos del Rocío, que tamén gañou o premio a mellor posta en escena. Finalmente, das de máis de 90 compoñentes, gañaron Os Espantallos, O Rei León, a Orquestra Original e Carude: un barrio de película, que tamén gañou o premio ao mellor humor. A cabeza non para levou un accésit.

Máis premios

Ademais das comparsas, tamén levaron premios as carrozas, concretamente Circo Troula, Terra Verde sen Plástico e Viaxe en Globo pola Ribeira Sacra, mentres que Ecos del Rocío, A cabeza non para e Mario Bross conquista a Ribeira Sacra levaron accésit.

Tamén houbo premios para as persoas que se disfrazaron de maneira individual, premiando na categoría infantil a Novia a la fuga, Robot e Little Barbie, e dando un accésit a Barbie Cowgizl.

Con respecto á categoría de premiados en indivual adulto, os galardonados foron Títeres infantiles, La locura del sombrero, Yo misma e Pañaletas; aínda que tamén recibiron un accésit Oratus Fariña, que tamén recibiu o premio a crítica de actualidade; Anita y su osita e Flor y Fauna.

0.16646885871887