Máis de 1.000 persoas participarán do Quimedo que se celebra este sábado en Quiroga

RibeiraSacraXa
A IX edición da Festa do Terror de Quiroga, o Quimedo, que se celebra este sábado, 28 de outubro, conta xa arredor de 1.
Quimedo Quiroga
26 Oct 2023

A IX edición da Festa do Terror de Quiroga, o Quimedo, que se celebra este sábado, 28 de outubro, conta xa arredor de 1.100 persoas inscritas e dispostas a pasar unha xornada de puro terror.

Este evento contará cun recorrido que levará aos valentes por 8 casas nas que o medo, o terror e a diversión están garantidos. Así, a casa Sau, o Circo Malvado, A Peste, Stranger Things, Chucky, A Momia, Biblioteca Poseída e a Carcel Zombi serán os nomes das casas ás que poderán ir sós os maiores de 13 anos, xa que os menores desa idade deberán de ir acompañados.

O pavillón municipal, centro neurálxico do Qui-Medo, abrirá a partir das 19.00 horas para que o líder de cada grupo se achegue a recoller as pulseiras de entrada nas casas e tamén para o inicio da festa infantil, aberta a todos os nenos e nenas sen necesidade de inscrición, ao igual que a festa do terror coa que remata o Qui-Medo tras a visita ás casas, que se realizará entre as 21.30 e as 00.30 horas.

Os organizadores do Qui-Medo destacan a colaboración dos voluntarios, do Concello de Quiroga e tamén dos propietarios das vivendas que as deixan para realizar este evento.

Quimedo
0.19415783882141